xoves, 13 de outubro de 2005

Sesta


Por segunda tarde consecutiva engancho-me cos Soprano; tamén por segunda vez desfruto pero acabo adormecendo no sofá do salón; sen embargo, esta tarde acordo sobresaltado e cheo de malestar.
Morto de frio, marcho para a cama pero non durmo, tan só dou voltas na cabeza a várias cousas que non sei como encaixar: as confidéncias pericardíacas de Vápin onte ao serao, a desídia que me impide concluír de vez alguns asuntos no traballo, ou aquela tormentosa história dos rusos amigos de Mirinda e Vladimir que ainda non estalou.
Desde Sábado non teño notícias de Zara, e desde Martes tampouco as teño de Pólis. Por fortuna, onte volveron os vellos tempos, collidos das maos de Nican e Vápin, e eu a pouco me emborracho.

2 comentarios:

Tongzhi dixo...

Como era bom podermos "desligar" qdo vamos para a cama :)

nona dixo...

Ahá, enganchácheste aos Soprano. Pois agarda, que vou mercar as temporadas que me faltan in a row. A última foi portentosa, e o último capítulo da última temporada un portentoso portento.