martes, 11 de outubro de 2005

Monicreques


Facemos bicha nos monicreques durante vinte minutos longos, ao sol da mañá de Sábado, pero a miña filla non cai no desalento. Cando damos entrado e collemos cadeira de plástico baixo a lona branca, ao pé do escenário do guiñol, para ela é unha pequena conquista que aos dous nos entusiasma.


Compartimos unha hora do noso tempo coa convulsa acróbata chinesa Kung-Lee-Pao e o seu paraugas, con Joseph o Home-Serpe, coa bailarina Stella Zuckerinna e o resto da troupe circense de A. Anderle.
Nun momento dado, un sobresalto: Zidane, esta vez con blusa azul claro e sen camiseta deportiva, sacode-me no ombro: Que mires para ali, que me manda ela a dicer-che que mires. Miro onde me sinala, e efectivamente, vexo-a a ela saudar-me coa mao e sorrir; Zidane volve ao seu lado, e eu fico onde estou, saben

do que non nos daremos xuntado: a miña filla segue as evolucións do equilibrista Juan Sincabeza con verdadeira fruición e pasmo, e os meus ollos van do teatriño dos monicreques ao lado esquerdo da platea, onde está Zidane cos seus amigos, e onde, dali a pouco, un home se achega para dicer algo ao ouvido de Zara.
O ollar de Zara cando sai, levando case arrastro o neno enrabechado por entre as cadeiras e os outros nenos, a sua premura agobiada, din-o todo: aquel cavaleiro, con pelo grisallo, con camisa de cadros por fóra dos dockers, con certo ar de actor americano, é o pai do pequeno Zidane.
O marido de Zara, que espera por eles fóra do toldo.
Agora xa o coñezo.

4 comentarios:

Arín dixo...

Moito me gustan tamén a min os monicreques. Nembargantes, desta vez non puiden ir a Itaca. Hai anos e anos que non perdía a festa.

Tongzhi dixo...

Também gosto muito dos "monicreques". Fazem-me lembrar a minha infância :)

Laurindinha dixo...

Que forte! Encántame esta historia con Zara; é emocionante.
Precioso a mestura da realidade, os monicreques, o pequeno Zidane...

Moraima dixo...

Eu sigo agardando outra historia, boto de menos a alguén.
:-(