Unha maldade: en lugar de aforrar os cartos para pagar o chapeado e a pintura, Incombustível empeña-se en facer-lle un presente de aniversário á miña filla, que desde onte está comigo en Ithaca.
Pola tarde, a nena abre un embrullo de papel coas caras de Mickey e Minnie, e os dous ficamos sen fala: trata-se dun blister de beleza tipo señorita Pepis, horrivelmente completo con uñas postizas, pendentes con diamantes de plástico, lápis de lábios cor de rosa, un bolso que polo tamaño parece para os pós e talvez o sexa, faíscas brillantes e rimmel...
A primeira en dicer algo é ela: Por que non o gardamos nalgun sítio até averiguarmos para que vale todo isto e se me vai gustar ou non?
Meu dito, meu feito: o kit de esteticienne xace sobre o teito do armário esperando ser esquecido para sempre.

9 comentarios:
Uf! Que forte!
A vostede un día...
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Agosto 2006
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
¡ Gardao no rocho ¡!Gardao no rocho¡
¡Porfa!¡Porfa... que a Perpetua e Felicitas faralles moita ilusión ¡¡¡.
Daniel
prometo que mando o kit fashion para o rocho se vde me promete interceder diante de san cristóbal para que esta calamidade se solte dunha vez a conducir como deus manda!
e com respeito ao vizinho de paredes de coura: aceito que utilize os comentários como cartaz de publicidade, mas faça favor de assinar :-)
A miña nena de dous anos, nada influída (conscientemente) por nós para isto, gosta dos vestidiños, dos rosados, das bonecas e dos avalorios desa clase. E xa desde o primeiro día, cando a nai non respondeu para nada a ese estándar na súa infancia. Hai cousas que veñen así, e rolan para aí ou para alá.
Desapareceu vostede do seu blog? Co ben que lle senta o paraugas!
:(
se ela nao quiser o kit, eu quero!
Publicar un comentario