luns, 28 de agosto de 2006

Ciclotímia

Se para explicá-la empregamos un símil, acertaremos ao pensar en cordas, redes, arañeiras, plantas como hedras ou animais con tentáculos; preso dos seus lazos, sobrevivo na casa sen luz durante uns dias, talvez unhas semanas, paralisado até o ponto de realizar con gran esforzo mesmo as cousas máis simples e cotiás: gardar a roupa limpa, limpar a casa, facer a cama, fregar os pratos, duchar-me, quedar cos amigos, facer encargos.
Despois das vacas fracas, repentinamente vén a explosión da actividade: nunhas horas limpo a casa, poño a axenda ao dia, fago chamadas pendentes, vou tres veces ao supermercado, recollo polos cuartos livros e xoguetes perdidos, fago comida para un batallón, paso o ferro á roupa que se foi estratificando no cesto, todo cunha enerxia de titán que vai lentamente diminuíndo até que descubro como baixo as axilas, contra as íngoas, desde os pés, nas maos, entre os dedos, por toda a pel, sobre o lombo, tras a caluga, volven nascer os pequenos talos, os fios diminutos, os tentáculos...

4 comentarios:

X dixo...

Agora son eu quen non sabe que dicir.

Arin dixo...

:-/

X dixo...

Un nunca é responsable da súa enfermidade pero si o é de facer todo o posible para estar mellor. Ánimo Kaplan.

bueno dixo...

querido kaplan, estou de volta. a vida comeca de novo. ainda nao li nada, mas queria deixar um alo caloroso.