sábado, 12 de agosto de 2006

Eros & Thanatos

Rebusco polas estantes da biblioteca e collo Morte en Venécia, a película. Miro as suas viciñas e non vexo máis que mortes variadas: no Nilo, entre as flores, dun ciclista, e dun viaxante.
Tamén están A morte tiña un prezo e A morte senta-vos tan ben.
Morrendo tamén eu, pero de fame, vou xantar ao árabe con Vapin e Ti. De camiño, cruzo a Constance e Vladimir, que non me ven.
Diante dunha sopa fria de melón, Ti confirma que empezaron a saír hai poucos dias.

2 comentarios:

X dixo...

Ohhhh :(

Morgana dixo...

Pues yo los felicito: Vladimir es un buen chico, y ella puede que también, aunque le falta un hervor... cuíde de ellos, mr kaplan.