mércores, 9 de agosto de 2006

Overbooking

Quedo con Ti para o café antes de que vaia a traballar: está de mal humor porque desde hai dias ten a casa invadida de parentes importados.
É o de todos os anos (comidas a desoras, muito traballo e pouca axuda dos invitados, visitas turísticas, xantares e ceas fóra da casa, e unha morea de corpos sen alma callados nos sofás, desputando o mando a distáncia, vagando pola casa, entrando e saíndo sen lóxica aparente).
Pero este ano a cousa vai a pior: onte desembarcaron ainda máis parentes que ela non invitou; para acomodá-los a todos entre as duas casas, a mai de Ti e a cuñada argallan unha distribución que pasa precisamente por desaloxar a Ti da sua própia cama e transplantá-la ao sofá do salón da sua mai, porque o dela está xa ocupado.
Erguendo o café con xelo e coa ollada firme, Ti pon a Deus por testimuña de que nunca lle volverá suceder isto.

2 comentarios:

Anonymous dixo...

:-)

X dixo...

Moi interesante a páxina de Tomorrow is another day con tantas imaxes do filme, non a coñecía :)