domingo, 6 de agosto de 2006

Como

Como adiviñar onte ao serao que a noite ía rematar coma o rosário da aurora, mellor ainda, coma unha comédia híbrida entre Berlanga e Billy Wilder?
Como xustificar que Polis collese o coche despois de deixar exaustas as reservas de cervexa da cidade, máxime cando eu só bebera un par de cañas e dous litros de auga mineral?
Como explicar que non levásemos o cinto de seguridade posto?
Como contar que nos metemos co batmóbil por unha rua peonil do centro, tan só porque nos deu a gana e por aforrar cen metros?
Como imaxinar que o coche dos municipais ía pasar precisamente por ali e a aquela hora, de retirada para o cuartelillo, e que sen vontade nengunha dos gardas nos fósemos meter nas suas redes?

Balance: 600 eurazos de multa, 6 pontos menos no carné, posível retirada do permiso (non depende de nós, iso é cousa de arriba, dixeran os amáveis axentes cando nos deixaron ir), e unha amoestación ás 4 da madrugada na comisaria.

2 comentarios:

X dixo...

Como explicar que indo vostede co Polis non me sorprende jejeje

Morgana dixo...

¿Cómo decir que a udes. les pasa de todo? Parecen Pedro Picapiedra y Pablo Mármol :-)
Por cierto: ya he vuelto y me tengo que poner al día.