venres, 18 de agosto de 2006

Ithaca no espello

Lura, nascida fóra pero afincada aqui desde nena, ten a amabilidade de pór diante do espello a Ithaca, esa vella dama, e aos seus habitantes mentres tomamos algo e facemos circular no colo de todos o fillo de Lura, que está inquieto.
A cidade para ela segue sendo un compéndio de todos os tópicos: escura e gris, encerrada nela mesma, ultraconservadora, extrema no clima, aburrida, mal comunicada...
Despois de o neno tirar un vaso ao chao, a conferéncia centra-se nos povoadores de Ithaca: túzaros, zorros, rácanos, afeccionados a ficar sempre no meio das escaleiras; enfin, a quintaeséncia do galego patanegra.
Lura risca unha isoglosa, como se os de aqui pasásemos o dia a dicer rocho, pasantia, vaia ho e mádia leva.
En definitiva, digo eu, marabillado con tamaña capacidade de síntese, que construíron a muralla para que non saísen os de dentro.
Mádia leva, engadiu daquela Ti.

1 comentario:

sonxeconproblemastecnicos dixo...

jajaja Xa dicía eu que o da muralla había de ter algunha explicación máis convincente.
E vostede será de intramuros, non si?
:D