![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/320/mirror.jpg)
A cidade para ela segue sendo un compéndio de todos os tópicos: escura e gris, encerrada nela mesma, ultraconservadora, extrema no clima, aburrida, mal comunicada...
Despois de o neno tirar un vaso ao chao, a conferéncia centra-se nos povoadores de Ithaca: túzaros, zorros, rácanos, afeccionados a ficar sempre no meio das escaleiras; enfin, a quintaeséncia do galego patanegra.
Lura risca unha isoglosa, como se os de aqui pasásemos o dia a dicer rocho, pasantia, vaia ho e mádia leva.
En definitiva, digo eu, marabillado con tamaña capacidade de síntese, que construíron a muralla para que non saísen os de dentro.
Mádia leva, engadiu daquela Ti.
1 comentario:
jajaja Xa dicía eu que o da muralla había de ter algunha explicación máis convincente.
E vostede será de intramuros, non si?
:D
Publicar un comentario