martes, 22 de agosto de 2006

Postais

A chegada de tres postais en poucos dias, desde Malta, desde Lisboa e desde Donósti, onde están ou estiveron Polis, Estridente e Nican, respectivamente, e a continuada exposición aos turistas que este Verao invadiron Ithaca, fan abalar a firmeza da miña decisión de non viaxar este ano.

É ben certo, sen embargo, que a cidade se mantivo a salvo de eventuais saqueos mercé ao calado lavor dos que, coma min, permaneceron nos seus postos.

3 comentarios:

X dixo...

Mantéñase firme no seu posto de garda, non decaia agora que xa queda pouco :)

Morgana dixo...

Prietas las filas, recias, marciales, etc. Siga alerta, mr. Kaplan

Laurindinha dixo...

Fíxate Kaplan que nos, ao revés que vostede, tiñamos programado unha viaxe a Lisboa que desafortunadamente non se vai poder realizar nun curto prazo de tempo... mais é para nos un verdadeiro pracer poder pasar ano tras ano o verán no medio do Morrazo (aínda que si se dean momentos de saqueo imprevisibles).