xoves, 31 de agosto de 2006

Bofetada

Amigos: o impecável Johnny Farrell, celoso propietário dun rancho chamado Terra de ninguén, o cowboy imperturvável, is dead.

9 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dixo...

A verdade é que Gilda está entre as miñas películas favoritas por moitos motivos.

Antes de mais porque Rita Hayworth é o arquetipo de beleza que realmente me volta tolo, e probablemente Gilda é a femme fatal máis atractiva da historia do cinema.

Despois porque Glen Ford está xenial nesa película. Hai unha frase no comezo que di no comezo, "aprendín a facer a miña propia sorte", que podería ser un resumo da vida do actor canadiano.

E terceiro porque o guión admite unha segunda lectura na que Johnny (G. Ford) realmente actúa como chapeiro para o seu xefe e cando aparece Gilda (Rita) ten medo de perdelo.

i.a. dixo...

quê tipo tam guapo era, a sério

Kaplan dixo...

mendinho, nunca caíra na segunda leitura que vostede propón, pero agora que o di...
por outro lado, a beleza de gilda comove ainda máis tendo en conta o triste destino de rita.

X dixo...

Si, agora que o di...
A min conmóveme iso que dicía "Os homes déitanse con Gilda e espertan comigo", deber ser horroso iso, algunha vantaxe nos tiña que quedar ás mortais.

Anonymous dixo...

Las estrellas pueden morir, pero su fulgor no se apaga. Aquí está la prueba de ello.

Lúa dixo...

A muller mais atrativa(entre outras) inda que nesa epoca todas eran mais atrativas e naturais. El todo un galan.

X dixo...

Esta vai ser a bofetada máis longa da historia, non cre Sr. Kaplan?

Morgana dixo...

Me sumo a la insinuación de X: ¿por que no postea, señor Kaplan?

nona dixo...

A min esa segunda lectura paráceme imposible. Non a vexo por ningures.
En canto á naturalidade das actrices daqueles anos, se se refiren ao natural da súa beleza direilles que se as viramos ao natural non as recoñeceríamos: a iluminación e a maquillaxe gordísima que se usaba convertíaas un pouco en máscaras. Eso non quita que foran fermosas a morrer (máis ainda, de certo, do que saen nas películas)