![](//photos1.blogger.com/blogger/2684/701/320/parmuc30.jpg)
Quedo para os viños con Ti, Estridente, Constance e Vladimir, e a noite claramente se organizou en duas fases. Na primeira, mentres elas falan de
roupa e de cousas apenas murmuradas que me resulta imposível comprender, os homes tendemos pontes: que me parece o playback, ese chunda-chunda gravado que usan alguns ambulantes para abrigar a música, que penso dos que empalman o
Canon catro e cinco veces como se estivesen nun
karaoke, que opino dos que só queren diñeiro fácil ainda traicionando o espírito da música. Tiven que confesar que nunca se me pasaran pola cabeza tais cuestións.
Acabamos falando do ensino, e sorprende-me ve-lo tomar café tras café mentres me fala do curriculum ruso e das condecoracións: el mesmo foi medalla de prata na secundária, e hai pouco a sua mai nomearon-a algo asi como a
profesora máis popular do ano en Rúsia. Agora que ten a nacionalidade, Vladimir pensa en convalidar a titulación, pero non ten ainda claro se para entrar nunha
orquestra ou na
docéncia.
Marchou cedo (ao dia seguinte tocava nunha boda), e cando se despediron, o bico a Constance foi breve, tímido, case inapreciável.
Ningún comentario:
Publicar un comentario