![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/320/habitacion_marx.jpg)
É o de todos os anos (comidas a desoras, muito traballo e pouca axuda dos invitados, visitas turísticas, xantares e ceas fóra da casa, e unha morea de corpos sen alma callados nos sofás, desputando o mando a distáncia, vagando pola casa, entrando e saíndo sen lóxica aparente).
Pero este ano a cousa vai a pior: onte desembarcaron ainda máis parentes que ela non invitou; para acomodá-los a todos entre as duas casas, a mai de Ti e a cuñada argallan unha distribución que pasa precisamente por desaloxar a Ti da sua própia cama e transplantá-la ao sofá do salón da sua mai, porque o dela está xa ocupado.
Erguendo o café con xelo e coa ollada firme, Ti pon a Deus por testimuña de que nunca lle volverá suceder isto.
2 comentarios:
:-)
Moi interesante a páxina de Tomorrow is another day con tantas imaxes do filme, non a coñecía :)
Publicar un comentario