domingo, 12 de novembro de 2006

Automedicación

Adverténcia: automedicar-se pode traer graves complicacións. Non se automedique!

Dito isto, engadirei que, como un non pode enfermar en Domingo ou terá que ir ás urxéncias, levo todo o dia sendo automedicado polo meu amigo Polis, que non é médico nen fruteiro senón avogado.
Levava sen ve-lo desde que eu tiña ainda 40 anos, pero ao saber hoxe os meus quebrantos apareceu cuns supositórios que a el lle foron excelentes, unha crema, un blister de nolotis e unha pequena manta eléctrica. Non houvo resisténcia que valese: puxen o supositório, mentolei a zona, e a calor, a butaca e un par de cápsulas fixeron o resto.
Como era mellor non saír, Polis encargou-se do xantar, ou máis precisamente de que no-lo trouxesen dun chinés, e entre o pan de gambas, o chop-suey, o arroz tres delícias e o resto, entregou-me o seu regalo.
O último que recibirei, e o que máis me vai dar que pensar.

6 comentarios:

Manuel Rivas dixo...

¿E que ben sendo ese regalo? Se non é moito preguntar, claro

X dixo...

Non preguntarei, aínda que periguen as miñas unllas non farei o que xa fixo manuel rivas, que logo pasa o que pasa...
Un crebacabezas?
Unha máquina de sudokus nivel supermegaexperto?
Un libro de xogos de lóxica?

Morgana dixo...

jajaja! es ud. la monda... y ahora yo también me sumo a la petición: ¿qué le ha regalado?

Morgana otra vez dixo...

Por cierto: si Polis está la mitad de bueno que el frutero de la foto yo me operaría del apéndice en la mesa de la cocina. :-)

X dixo...

Espero que hoxe estea mellor ;)

Mrs.Doyle dixo...

Agardo que vaia mellor.
Tamén me picou o becho da curiosidade...