domingo, 12 de novembro de 2006

Lumbálxia

Unha amiga miña afirma que, pasados os 40, se unha mañá ao te ergueres non che doe nada, daquela é que estás morto.
Como quen o di é unha enfermeira, supoño que debo agradecer ao Altísimo que hoxe amencín cunha lumbalxia que me cinxe os cadrís con arame de espiñas.
Pola xanela vexo que a néboa cobre a cidade, sinto por primeira vez as maos frías, e, dolorosamente, recoñezo que esta Primavera interminable está chegando ao seu final.
Brrrrrr.

3 comentarios:

Morgana dixo...

Comienzan los achaques, Mr. Kaplan. ¡Resígnese, hombre!

Mrs.Doyle dixo...

Non se resigne, kaplan, vostede vencerá. Os achaques non teñen edade, especialmente con este tempo...

X dixo...

Quizais algún esforzo fóra do común :)
Deséxolle de corazón unha rapidísima melloría.