mércores, 22 de novembro de 2006

Chaves

Vén pola casa Polis a concretarmos cousas da viaxe, pero en realidade é para provar-me as ginger cookies importadas coa colaboración de Tere Holmes que as comprou e de Vapin que as trouxo.
Nunha certa altura da conversación, que se move espesa dunha butaca á outra mentres na tele sen voz uns policias mudos perseguen criminais doutro tempo, Polis saca do peto unhas chaves que, con certeza, non son as do reino dos ceus: esta é a do piso e esta a do portal, ten-as ti por se un dia me pasase algo, que non haxa que botar a porta abaixo, di, e daquela a palavra soedade revoa sobre nós, ganindo como un páxaro negro e medoño.

4 comentarios:

X dixo...

Probablemente estas chaves teñan moito que ver coa distancia de onte, coa saída posterior, e con moitos transantontes.

Arin dixo...

É normal que lle dese unhas chaves. Polis está só e dalgunha maneira vde. é a familia del.

Anonymous dixo...

Vaya! :(

Mrs.Doyle dixo...

Todo un símbolo.