![](//photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/barrantes.jpg)
Celebro con Ti os meus 41 cunha enchedola proletária e case repentina: de antonte para onte propoño-lle invitá-la a xantar onde ela queira, de onte para hoxe propón ela que vaiamos a unha casa de comidas da Rua Nova que pervive reciclada pero sen perder carácter: vellas fotos sépia lle adornan as paredes de cando as casas
furavan ainda a muralla de Ithaca á procura de acubillo, de cando as mulleres ían por auga á fonte das Cortiñas de San Romao con sellas na cabeza, de cando na festa do
santo padroeiro se
feirava con mansas
rúbias que pacian na erva do que hoxe son xardins. Para lembrar-nos ainda quen somos e donde vimos, presiden o comedor a imaxe da fonda en 1956 e vários retratos de gañadores pecuários.
O menu é case a tiro fixo: deliciosa empanada de polvo para comezarmos, e para seguir, os
callos que dan sona á casa, ou de como viandas tan humildes axudan a apreixar a glória. Para completá-la, un barrantes escuro como sangue de touro recén matado, asi é como Ti conta que diria seu pai se vise aquel viño mesto que nos tinta as tazas en que o bebemos:
Teñan-me conta do viño, que ben saben o que mancha, e a muller pousa a branca xerra de louza sobre un prato no centro da mesa.
Connosco xantan, xantavan ou xantaron obreiros, vellos matrimónios, turistas, bancários, estudantes... pero faltavan sen embargo, hoxe que é Venres e mercado, moinantes, pegureiros e revendedeiras.
6 comentarios:
Terei que pedir permiso?
pida permiso! en que categoria a poremos? :-)
Realmente estaban mal os post de 2005?
Cal é ao final o día do seu aniversario?
Entre que categorías se pode elixir?
non estavan mal: foi tal dia como o sábado pasado, pero tal dia non postei nunca.as categorias? as ditas: obreir@os, vellos matrimónios (supoño que non), turistas... :-)
Ah, agora entendo.
Por que supón que non?
:D
Se é pola Rúanova creo que sei cal é o bar en que comeron. E si, os callos son os mellores que probei nunca :-D
Publicar un comentario