mércores, 1 de novembro de 2006

Cincuentenários

En 1956, e nun intervalo de poucas semanas, floreceu e foi duramente reprimida en Hungria unha revolución antisoviética; morreu Baroja, e J.R.Jiménez, no exílio, obtivo o Nobel; Israel invadiu o Sinaí mentres Nasser nacionalizava Suez, e franceses e ingleses bombardeavan Exipto; Castro e o Che preparavan-se para desembarcar en Cuba; a televisión iniciava en España as primeiras emisións; Eisenhower vencia por segunda vez nas presidenciais, e as miñas amigas Ti e Maite, que seguen sen coñecer-se, nacian o mesmo dia pero separadas por 303 km.
Ademais, tal dia coma hoxe de hai cincuenta anos, meus pais falaron-se por primeira vez: que se dixeron importa pouco, pero sen o maldito tacón preso nunha regandixa do chao da catedral, provavelmente Kaplan nunca teria nascido en Ithaca.
E, naturalmente, vostede tampouco estaria a ler agora esta blog.

10 comentarios:

Manuel Rivas dixo...

As casualidades enchen a nosa vida, podemos pasa-las por diante delas e vivilas e non darnos de conta do que pasou. As máis das veces non nos decatamos do que pasaron uns anos, tantos coma 50, coma ti nos contas.

Arin dixo...

Joer, si que pasaron cousas! :-)
De todas formas: non cre vostede que seus pais non se coñecesen ese dia, ao mellor Fidel non desembarcaba en Cuba, Eisenhower perdia as eleccións e a revolución triunfaba en Hungria?

X dixo...

Parabéns á regandixa do chan da catedral!

Mrs.Doyle dixo...

Fermosísimo texto.

Laurindinha dixo...

Que bonito...! ;)

alfama dixo...

Quen nolo diría! nesta vida hai que ser agradecidos até cos tacóns dos zapatos...

tere holmes dixo...

Que non é por non levarte as gingers e mais larpeiradas pero ocurréuseme que poderiades vir cando esté Vapin aquí. Non o próximo find que xa sei que é o teu cumple e que tócate nena, por certo ¿cómo vas celebra-lo? Non sería mellor que viñerais Ti,¿estridente?, Vapin e ti e queimar Madrid para celebralo o 11-12 ainda que sexa con retraso o teu e o de Vapin con adelanto. Por favor lectores de esta blog intentade convence-lo de que veña. É mais cabezota...

X dixo...

Kaplan, a pobre de Tere Holmes ten que tirar a muralla de Ithaca para que vostede vaia?

Kaplan go Madrid!
Kaplan burn Madrid!

tere holmes dixo...

Felicidades Kaplan.
Gracias x. Xa te contarei en que queda a cousa o que o conte Kaplan si o final ven que o fará mellor.

X dixo...

E non podería saber a versión dos dous para ter unha "visión máis completa" do asunto?
Sempre á súa disposición, Tere Holmes.