mércores, 8 de novembro de 2006

Morralla

Hai dous ou tres meses que vive no piso do lado un home delgado, cargado de ouro e vestido con roupa impecável de marca, con quen coincido algunha vez no portal ou no ascensor e con quen intercámbio frases banais mentres intento sobreviver á nuve aromática que desprende o home máis perfumado a esta beira da realidade.
Na nosa planta, no piso D, vive cun pequinés o clon de José Blanco: unha muller madura idéntica a el como un ovo se parece a outro ovo. Hoxe coincidin con ela no portal e, cando pensei que me ía falar dun tripartito deu en interrogar-me sobre Patrick Süskind, o do perfume, ao tempo que o can me repasa as botas. Queria saber se tamén sinto a música a desoras, se escuito discusións ou berros, se vexo xente estraña a saír e entrar, se me fixei en todas esas colombianas que ten aí metidas, finalmente se asinarei un escrito da comunidade para que esa morralla de negros se largue daqui.
Chegamos á nosa planta cando lle digo á Pepeblanco que é a primeira notícia que teño de todo o que me di, que non ouvin música a desoras nen ruídos nen discusións nen vin xente estraña a saír e entrar nen muito menos colombianas ou mulleres de calquer nacionalidade, e que portanto non asinarei nengun papel.
Ao volver-me, ainda lle escuito dicer ti verás, e a seguir o bater seco da porta a fechar-se.
O máis sorprendente é que, por primeira vez, precisamente agora me atuase.

3 comentarios:

Manuel Rivas dixo...

"Ti verás" quere dicir que a partires de mañá SÍ vas ter música alta a deshoras, voces altas (seguramente a TVG a todo meter) e demáis molestias... todas elas provocadas pola Pepeblanco. A mín xa me tocou sufri-lo cunha veciña en Madrid.

Kaplan dixo...

GLUPS!

D. Rambaut dixo...

Se fae falla, tí avísanos... NÓS SABEREMOS QUE FACER ¡¡¡¡

O Rocho o completo.