Hai que asumi-lo: teño por diante unha longa travesia. Cómpre gardar axiña os 41 na mochila, dar sebo ás botas, recobrir a pel dunha couraza flexível e resistente, converter o tobo en bunker, desbotar propósitos de emenda e perdón dos pecados, romper fios e cadeas (tamén as finas membranas invisíveis), airear os cuartos e acender as luces.
Cómpre quebrar os soños e atender ás realidades certas, evidentes, polas que o mundo existe e vale a pena viver. Cómpre, pois, abandonar os lastros, deixar de andar en círculos e mirar desde agora para adiante.
10 comentarios:
Sempre hai que mirar para diante, sempre...
¿Qué es esto? Espero que no sea un adiós... No sé qué pensar...
Feliz cumpreanos, que sempre me confundo cos días. Como teño anumerismo...
Andamos parellos. Ánimo, que estamos no mellor!.
Parece que hai que felicitarche polo aniversario así que ai vai a miña noraboa. E si, hai que afrontar a vida de fronte dunha vez.
Os gases do Leíño danlle a lata igual que ós pais pero é custión de paciencia e macela con funcho.
Graciñas pola visita ó meu blogo.
Felicidades, aínda que sexa con atraso!
Eu tamén chego con atraso, e non estou 100% seguro de para que, pero mándolle uns bicos, que nunca sobran.
Mirar endavant (o "para adiente") és l'única manera d'arribar a Ítaca...
Ah! i com diu Plattdorf, "unos bicos", que mai sobren. ;-)
Adiente no, adiante! :-S
pois non sei por qué te preocupas; os homes, ó chegardes ós corenta, estades no mellor momento.
bueno, algúns... supoño que é cuestión de cabeza.
Publicar un comentario