 A comemoración da liberación do campo de exterminio de Auschwitz, presente estes días nos medios, tráeme á mente a figura de Adolf Eichmann, exemplar funcionario que centrou o ensaio de Hannah Arendt que agora teño sobre a mesa: Eichmann en Jerusalén.
A comemoración da liberación do campo de exterminio de Auschwitz, presente estes días nos medios, tráeme á mente a figura de Adolf Eichmann, exemplar funcionario que centrou o ensaio de Hannah Arendt que agora teño sobre a mesa: Eichmann en Jerusalén.Arendt cubriu para The New Yorker o xuízo contra Eichmann en Israel en 1962, e no seu libro estabeleceu a tese sobre a "banalidade do mal", segundo a cal Eichmann, funcionario modélico, foi capaz de enviar á morte a millóns de persoas como se estivese a realizar de maneira óptima un traballo burocrático, a facturación dunha mercadoría, unha planificación de vendas.
Nunca se demostrou que odiase as vítimas, e para Arendt este tenente das SS non era quen de representarse mentalmente as consecuencias dos seus actos, de forma que os homes, nenos e mulleres que enviaba ao sacrificio eran entidades abstractas, inexistentes para el, que tan só era unha engrenaxe mecánica dunha monstruosa cadea de produción de borrallas humanas.
El só recibía ordes, e a súa misión era cumprilas.
Nada escuro na súa conciencia, dado que este pai responsable, este marido exemplar, este cidadán impecable, se esforzaba por realizar á perfección a súa función, e a misión encomendada era cumprida con absoluta meticulosidade.
Aí, na miña opinión, radica o terror absoluto; non na morte en si, monstruosa e arrepiante, de un só indivíduo ou de millóns nos campos de extermínio.
O terror surxe da perversidade da consciéncia xorda, cega e muda, da obediencia debida, do mal menor, da mentira de estado, das perdas necesarias... E esa perversidade habita aínda en cada un de nós, é connatural á esencia humana e está presente en cada unha das súas manifestacións, incluída a linguaxe, e non desapareceu con Auschwitz nin con Nuremberg, non morreu con Hesse en Spandau ou con Eichmann en Xerusalem.
 



 Por primeira vez este curso, pero por enésima nos últimos anos, estou de baixa. A causa é o andazo de gripe que percorre España e que, despois inmobilizarme con febre e a molestia acostumada, desde Xoves me está a afectar a gorxa.
Por primeira vez este curso, pero por enésima nos últimos anos, estou de baixa. A causa é o andazo de gripe que percorre España e que, despois inmobilizarme con febre e a molestia acostumada, desde Xoves me está a afectar a gorxa.

