luns, 30 de maio de 2005

Testimuño

Atopo nas Balas un desafio, que aceito sen falta, e como unha declaración de princípios; temo de todos xeitos non estar á altura das expectativas, porque hai muito que a preguiza me fomenta o gosto polas vellas películas, dando-me sempre pretextos para afastar-me das máis novas.
Vamos, pois:
  1. Cantos filmes teño na casa: Muitas, tanto en DVD como en VHS; a última vez que me deu por facer reconto pasaban de 200.
  2. Último filme que merquei: Million dollar baby (no manta) e A ventá indiscreta (propoño-me ter algun dia todas as de Hitchcock, as boas e as menos boas, non sei por que).
  3. Último filme visto no cinema: Robots (coa miña filla, por razóns óbvias).
  4. Último filme visto, pero non no cinema: como xa contei, A paixón de Cristo.
  5. Cinco filmes de entre os meus favoritos: Sempre diria estes, pero citaria muitos máis; e son: Smoke, Remando al viento, Que verde era o meu val!, Matar un reiseñor e (concordando plenamente con Cesare) Léolo.
  6. Persoas que me encantarian contestasen tamén a isto: Peke, Xanfarin, Teo, Regueifeiro, Aurora e, por que non, Melómano (ademais das que enumerou Cesare).

4 comentarios:

fisiologus dixo...

neobestiario.blogspot.com

Peke dixo...

Meu deus, Kaplan; vaia p****** que me fai con esta enquisa. Non vou ao cine desde hai unha eternidade, non vexo películas, non sabería qué responder. Síntollo ben. :)

Moraima dixo...

Non estou na lista, ben, daquela eu non existía, aínda así respondereina por propio goce:

1 - Moitas, na base de datos de VHS cento e pico, en DVD máis de 180 pero a nova base de datos vai lenta, moi lenta.

2 - Desde que chegou á casa o ADSL xa non merco, pirateo, pirateo e pirateo. A última creo que foi, ummm, ah, si, Doctor Zhivago.

3 - No cine xa nin recordo, en dvd, antonte,

4 - A extraña pasaxeira, O graduado, Que verde era o meu val!, Lembranzas de África, Alguén voou sobre o niño do cuco... e un longo etc.

5 - Vapin. Fóra del calquera a quen lle guste o cine.

Moraima dixo...

De súpeto descubro que isto non é un lugar de encontro de descoñecidos e síntome fóra de lugar.