![](http://photos1.blogger.com/img/286/5323/200/image.jpg)
Acordáramos o encontro na terraza do Suso, e eu cheguei tarde; sen problemas: Alice acababa de chegar e case nen tivera tempo de alisar a bonita saia e abrir o livro que, ao aparecer eu, envorcou sobre a mesa.
Evidentemente, Alice estaba centrada na encomenda: cada vez que eu falaba de Íthaca (do noso sucedido en Íthaca), ela alisaba a bonita saia e daba en contar-me detalles da cerimónia. Asi souben que é normal que calquera muller queira casar nunha igrexa e cun vestido co que leva soñando desde que naceu, cun veo e unha cauda de dous metros.
Á vista das cousas, non resulta estraño que acabásemos comprando o xogo de café co que, ao parecer, calquera muller leva soñando desde que naceu; talvez por iso a miña ex muller quedou co que nos regalaron.
De camiño á Galeria atopamos a Charles, o meu compañeiro de pensión en 5º: vai collido a unha moza loira mui sorridente, e di que veñen de ver cociñas porque van casar, e sorrin sen soltar-se, tontamente: o casado, cociña quere, di a muller do sorriso.
Mentres eles dous seguen a bicar-se, e Alice alisa a saia perdendo a paciéncia e a vista rua adiante, conto-lles que me deron o traslado e que viverei en Íthaca no sucesivo; e ela?, pregunta Charles. Ela e eu estamos divorciados desde hai dous anos.
Dez segundos máis tarde, Charles regresa do mundo dos bicos á terra cun sobresalto: Divorciados? Divorciados, si, pero estas cousas non sempre rematan desta maneira, asi que ánimo, digo achegando-me a bicar á noiva, tendendo-lle a mao a el, reiterando-lles as felicitacións, recomendando-lles que escollan ben o monomando, a vitrocerámica, a cambota eléctrica.
Abafada, dorme a louza no maleteiro do meu coche e Alice e eu xantamos sen conversación, mirando os cisnes desde a xanela. Cando chega a sobremesa, un susurro corta o xelado: O outro dia en Íthaca non pasou nada...
Unha nuve embaza o espello do lago; un cisne nada tranquilamente.
7 comentarios:
joer joer...
Buá...
Eso é incerto. Eu non pontifiquei sobre as vodas que toda muller desexa. Só falei de N. E o xogo de café é moi bonito, e tamén o escolleches ti, por se non te acordas. Que querías que lle mercáramos a Mirinda, unha depiladora eléctrica?
Fermosa prosa, abofé, moi suxestiva.
Bueno, a mí ya me está costando cada vez más sonreir y decir "enhorabuena" cuando una persona me anuncia extasiada que se casará.
Me queda un año para el divorcio y ahora soy como los que dejan de fumar. Al respecto todo me cheira nada me ole.
(o como se diga)
Placer descubrirte.Escribes lindo.
"Todo me cheira, nada me ole" é exactamente como se di. A min pasábame co matrimonio até hai pouco.
Agora tanto me ten.
Vou chegar á conclusión de que es a persoa do mundo á que máis cousas lle pasan sen que pase nada.
Publicar un comentario