Os que seguen as aventuras deste Robinson lembrarán sen dúvida que esta blogue se chamava até hai unhas semanas doutra forma diferente; lembrarán tamén as razóns que me levaron a mudar-lle o nome e o enderezo, e como enviei o novo aos irmaos blogueiros que estabeleceran vínculos comigo. Certo é que non a todos eles.
Pois ben, descubro agora accidentalmente que alguén ocupou o vello enderezo en galego para escrever a sua bitácora, ainda que en inglés.
Alguén sabe que motivo pode levar a alguén a facer isto? Que escuras intencións o moven? Que desígnios obedece?
Razón aqui, please.
(Recompensará-se).
4 comentarios:
Por certo que é ben estraño.
???
Ata hai okupas nestes lares...
Ondiá, pois si... E non lle sería un comentario-spam deses que evolucionou ata comer a bitácora? :-D. O nome era ben bonito, non se pode negar, pero para os ínglisis...
E cal era ese nome tan chulo que coñece todo o mundo e alguén furtou?
Publicar un comentario