Disque en tempos de tribulación non convén facer mudanza; e eu añado que tampouco hai mudanza sen tribulación.
Haverá quen diga que estou ocioso, pero vou mudar a habitual aparéncia escarola desta blog: como a roupa que se usa muito, a esta tamén lle saíron marcas, remendos e esgazaduras, e o seu verde está xa un pouco murcho.
Será, evidentemente, cambiá-lo todo con tal de que nada cámbie.
11 comentarios:
Acolleremos esta nova imaxe do mesmo xeito que a anterior e a vindeira...
Eu, sen embrago, neste momento non cambiaría nada con tal de que todo cambie...
Parabéns polos cambios, si que lle ía facendo falta un retoque. Incluso semella máis ventilada ;)
Eu gosto da apresentação gráfica do seu blogue! Mas se for para melhor ainda, força nisso!
Gústame máis esta, moitísimo máis, sobre todo tendo en conta a imaxe que o abre. Boa decisión.
nom me cite a s. agustín, faça o favor, home... de deus? e mais
que linda a nova apariéncia mr. róbinson!
Pois eu prefería a anterior. Esta parece moi hospitalaria-House, demasiado aséptica para o meu gusto
Hahahaha
Quando entrei, pensei que era que houvera algum erro e que a página nom se cargara bem (como passa com certas páginas, grrrrrrr!, que nom toleram o mozilla).
Também vás cortar o pelo, pintá-lo ou fazer algumha mudança dessas capilares sintoma canônico de alteraçons sentimentais?(Longe da minha intençom insinuar que existe qualquer tipo de alteraçom, só fazia um comentário alegremente).
Fantástico o novo look! (aínda que tamén era fantástico o anterior)
E importante é o que escreves, o que partilhas. Mas gosto do look!
Pois sinto discrepar, mais bote de menos a outra pel. Seguindo a máxima da súa casa, "eu xa me sentía en Ithca" e agora ando un pouco perdida entre tanta blancura...
Ó Daniel tamén lle sorprendeu, e estivo tentado de actualizar en diversas ocasións, pois non estaba seguro de que a páxina cargara a xeito.
Ainsssss, un bico sr.
Daniel
Publicar un comentario