martes, 5 de abril de 2005

Expólio

Non é ainda oficial o traslado, e xa unha morea de beneficiários rondan á miña volta na cerimónia do yira-yira: esta mesma mañá na sala de profesores, e diante de min, as miñas colegas de departamento disputaron por quen habia de coller a chefia cando eu falte (sic); a semana pasada houbo quen me veu pedir o casilleiro por ser baixiña e porque o ano que vén non vou estar; mesmo Ambece, que me presentou alguén interesado en alugar, talvez comprar este meu tobo de Atenas, ten o seu papel no expólio.
Bromeo esta mañá coa de Filosofia: pronto pousarei a mao sobre cada cousa, a mesa, os pupitres, o globo terráqueo, os dicionários, o encerado, o casilleiro, a despedir-me para sempre deste instituto. Como Joan Fontaine a piques de ir para Manderley.

Ningún comentario: