venres, 1 de abril de 2005

Parabéns

Chegan mensaxes de felicitación por mor do traslado. A última, de May, reclamando vermo-nos para celebrá-lo; tamén Ti envia parabéns via móbil. Através do fixo, a miña ex tamén me felicita, e recomenda-me que non malvenda en Atenas cando marche; civilizadamente, cámbio de tema por non respostar talvez o que non debese.
Tampouco hai hoxe novas de Vapin, que sabe pero non contesta.
Pero si palabras de entusiasmo de Pólis, que me volve preguntar, unha vez máis, se me gusta a xarra de estano. Creo que é a cuarta ocasión desde que ma entregou cerimoniosamente na Páscua. Non podo máis e, alegremente, pregunto-lle se ma regalou ou é que lla estou criando. Rise entón con ese riso claro e alvorotado que tan ben coñezo.
Sen que lle pregunte, di-me que hoxe marcha para a Comarca, e promete cea para a semana próxima. Intereso-me pola tatuaxe, e el volve rir: baixou a inflamación e a íngoa xa non dói. Agora son eu quen dá os parabéns. E el volve recomendar-me que me tatue.
Intercambiamos biquiños e saudiños (que tamén envio para Tadsio), e corto antes de que me volva falar da xerra.

Ningún comentario: